Comunicación Audiovisual

 

Profesora Coordinadora da Titulación:

Ana María González Neira

Memoria do título sen modificar:

Grao en Comunicación Audiovisual (2021)

Memoria do título modificado:

Grao en Comunicación Audiovisual (2025)

O Grao está en proceso de modificación, cuxa implantación será progresiva conforme ao seguinte calendario:

Curso 2025-2026: 1er curso
Curso 2026-2027: 1er y 2º curso
Curso 2027-2028: 1er, 2º y 3º curso
Curso 2028-2029: 1er, 2º, 3º y 4º curso

Este grao proporciona a formación universitaria dun ámbito de coñecemento científico e académico e dun campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido.

A adquisición equilibrada do conxunto de saberes e destrezas da titulación garantirá ao graduado en Comunicación Audiovisual unha axeitada preparación para a súa posterior vida laboral.

Un profesional especializado e tecnicamente preparado para a creación audiovisual, o deseño de produción integral e as funcións consultivas, organizativas e directivas en todo tipo de medios e soportes audiovisuais e tecnolóxicos.

Este grao incorpora dúas mencións, "Mención en contidos interactivos e 3D" e"Mención en Comunicación Audiovisual Multiplataforma"strong>, que diferencian o currículo do alumno respecto ás outras titulacións de comunicación que se ofrecen en Galicia, o que redunda nunha vantaxe cualitativa con respecto a outros nun mundo tan competitivo como o actual.