Profesora Responsable de Prácticas:
Dª. Nereida Rodríguez Fernández.
Se es estudante de Comunicación Audiovisual da UDC e queres achegarte ao ámbito profesional poderás desenvolver dous tipos de prácticas: curriculares e extracurriculares.
Para solicitar unha estadía de prácticas curriculares tes que estar matriculado en Prácticas, materia optativa de 4º de Grao en Comunicación Audiovisual.
Para desenvolver unha estadía de prácticas extracurriculares tes que estar matriculado/a no Grao de Comunicación Audiovisual no curso actual (de setembro a xullo) e contar co 50% dos créditos da titulación superados.
Se este é o teu caso poderás candidatar ás ofertas de prácticas externas publicadas na Web da Facultade nos períodos de verán e durante o curso. O perfil, características e requerimentos de cada unha das prazas estarán marcados póla propia convocatoria.