Profesora Responsable de Prácticas:
Dª. Nereida Rodríguez Fernández.
As prácticas externas en empresas e outras entidades constitúen unha oportunidade única para que o futuro graduado nas titulacións da Facultade de Ciencias da Comunicación entren en contacto coa realidade profesional.
Na procura de dotar ao estudantado da Facultade dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita a adquisición de novas competencias para o seu futuro profesional, a Universidade da Coruña estableceu convenios con diversas entidades.
En virtude destes convenios o alumnado do centro pode desenvolver prácticas profesionais con diversos perfís en empresas e entidades que oferten estadías titorizadas en liñas de traballo afíns ás saídas profesionais do futuro graduado.
Para maior información mira a seguinte infografía