Plan de Acción Titorial

O título ten en marcha un Plan de Acción Tutorial (PAT) baixo a coordinación da Universidade da Coruña.

O seu obxectivo principal é ofrecer aos/as alumnos/ás unha persoa de referencia no centro que os oriente na súa traxectoria académica e lles facilite as vías de acceso á información que necesiten ao longo dos catro anos de estudos. Por maior información, débese contactar coa profesora Teresa Piñeiro Otero | Ext: 4972.

No contexto do PAT, os alumnos teñen a principio de curso a posibilidade de asistir a dúas sesións de iniciación á Titulación.

Na primeira o Decano, o Profesor Responsable de Calidade, o Secretaria Académica, a responsable de Prácticas, a de Mobilidade e a coordinadora do Plan de Acción Titorial infórmanlles de aspectos relativos ao Centro, á Titulación na que inician os estudos e lles ofrecen a posibilidade de sumarse ao Plan de Acción Titorial.

Na segunda, organizada pola Unidade Técnica de Calidade de la Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías, infórmaselles sobre os servizos que a UDC pon á súa disposición.

Ao longo dos catro cursos que duran os estudos, os alumnos poden consultar o seu titor ou titora sobre temas relacionados coa súa orientación profesional, así como sobre as decisións que deben tomar no seu perfil curricular para especializarse e mellorar as posibilidades de emprego unha vez graduados.