A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes.
Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer os estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo modo, todos os anos se convocan bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes.
As prácticas serán recoñecidas tamén como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de orixe dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigas dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
O responsable de mobilidade na facultade é a profesora Patricia Comesaña Comesaña | Ext: .
Por maior información: