O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) é un programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, promovido por CRUE-Asuntos Estudantís e CRUE-Internacionalización e Cooperación, que leva funcionando desde o ano 2000.
Este programa permite aos estudantes realizar un período de estudos nunha institución universitaria española distinta a aquela na que o alumno se atopa matriculado, con garantías de recoñecemento académico e de aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.
Este sistema de intercambio ten en conta o valor formativo do intercambio, ao facer posible que o estudante experimente sistemas docentes distintos, incluídos o réxime de prácticas, así como os distintos aspectos sociais e culturais doutras Autonomías e Cidades Autónomas.
A oficina técnica de SICUE coordínase desde a Secretaría Xeral de Crue Universidades Españolas e é a encargada do desenvolvemento das convocatorias.
![]() |
1 - CRUE SICUE 2021-2022 |
![]() |
2 - Preguntas frecuentes SICUE 2021_2022 |
![]() |
3 - Normativa SICUE 2021_2022 |
![]() |
4 - Cadro de convalidacións |