Admisión e matrícula

Segundo o establecido na normativa vixente relativa ao acceso á Universidade, os alumnos poderán cursar o grao previa superación das Probas de Acceso á Universidade (ABAU) levados a cabo pola Comisión Interuniversitaria de Galicia.

As probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e xullo.

Podes consultar os criterios e procedementos de admisión na web da CIUG

No caso de que houbese unha demanda superior á oferta de prazas vixente (actualmente 50), dispoñeranse das mesmas ordenadas segundo as notas obtidas na ABAU.

ADMISIÓN

Para poder solicitar praza hai que cumprir algún dos seguintes requisitos de acceso establecidos no art.º 2 do RD 1892/2008:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato, ou equivalente, e superar a Proba de Acceso á Universidade (PAU)
  • Cumplir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de estados membros da Unión Europea ou doutros estados cos que España subscribise acordos internacionais nesta materia.
  • Tener superada a Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos, ou tela superada, nos Sistema Universitario de Galicia, segundo normativas anteriores.
  • Tener superada a proba de acceso á universidade para maiores de 45 años.
  • Poseer un título de técnico superior de formación profesional, ensinanzas de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes.
  • Poseer un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación da ensinanzas universitarias (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.
  • Estar en condicións de acceder á Universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, non contempladas nos apartados anteriores.

MATRÍCULA

A matrícula en estudos de grao e máster na UDC, comeza en xullo e remata en outubro establecéndose cada ano un calendario

Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual no SAPE.