A titulación proporciona catro perfís de orientación profesional:
-
Director, guionista e realizador audiovisual
Profesional especializado en tarefas de guión e dirección-realización nos distintos medios audiovisuais- cinematográfico, televisivo, videográfico, publicitario, radiofónico, de infografía e multimedia- con coñecementos dos procesos técnicos e artísticos. Profesional polivalente capacitado para poñer en escena un proxecto, un plan de traballo e un presuposto previo. Productor e gestor audiovisual
Profesional que deseña, planifica e organiza os recursos humanos, medios técnicos e presupostarios para a produción de obras audiovisuais nos seus diversos formatos. Coñece as técnicas e procesos de creación audiovisual e os mecanismos lexislativos e políticos da comunicación. En calidade de produtor executivo crea, compra dereitos, desenvolve e comercializa proxectos. Está capacitado para dirixir e xestionar unha empresa de produción audiovisual e multimedia.Deseño de produción e posproducción visual e sonora
Profesional experto no deseño de todos os aspectos vinculados ao son, a imaxe e o grafismo nas diversas fases da produción audiovisual. O seu perfil profesional tamén abrangue os ámbitos interactivos para a creación de producións orientadas a Internet, videoxogos e ámbitos dixitais.Investigador, docente e experto en estudos visuais
Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación audiovisual. Analista das políticas e a economía do sector audiovisual tanto a escala nacional como global. Docente nas ensinanzas superiores ou medias para impartir materias de comunicación e novas tecnoloxías do audiovisual.