O profesional da comunicación ten enormes posibilidades de desenvolvemento profesional non só nos medios de comunicación, senón tamén nos departamentos de comunicación das organizacións (tamén chamados gabinetes de comunicación). As empresas e institucións necesitan cultivar as relacións cos seus públicos (externos, intermedios e internos) para mellorar a súa imaxe e a xestión da organización. Na actualidade, os medios interactivos e audiovisuais teñen cada vez máis importancia e é preciso contar con profesionais que dominen todas as súas posibilidades expresivas.
Esta materia impártese en segundo curso de grao unha vez que se alcanzaron coñecementos básicos e comézase a tomar contacto cos grandes campos profesionais da comunicación: o xornalismo, a publicidade, a ficción, os formatos de televisión e o deseño. Mantén unha especial relación coa materia Publicidade audiovisual por compartir o código comunicativo da persuasión e coa materia de terceiro curso Análise audiovisual porque posúe un enfoque esencialmente práctico inseparable do efecto social da súa mensaxe, é dicir, a comunicación corporativa pretende obter un determinado efecto na súa audiencia sen o cal carece de sentido.
Guía docente:
Materias que se recomenda ter cursado previamente:
- Comunicación oral e escrita
Comunicación e industrias culturais