Creación Dixital, Animación e Videoxogos

 

Profesor Coordinador da Titulación:

D. Antonio José Seoane Nolasco.

Memoria do título:

Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos

O Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos exponse como un programa formativo de catro anos académicos de duración. No deseño do seu plan de estudos abárcase o proceso completo de produción de animación e videoxogos desde diferentes puntos de vista, incluíndo o creativo, técnico, artístico e comercial.

Este grao dotasé aos seus egresado dunha formación completa, xeneralista e multidisciplinar que lle permita coñecer en profundidade todo o proceso de desenvolvemento, e en consecuencia poder abordar desde a súa concepción ata a súa implementación final e comercialización calquera proxecto de creación dixital nos campos da animación e os videoxogos.

A súa educación nas facetas artística, narrativa, técnica e de produción, permitiralle expandir as súas capacidades e talento en calquera desas liñas á vez que lle dotasé dunha linguaxe común co que relacionarse con especialistas, tanto para desenvolver a súa actividade profesional integrado o seo dun equipo de traballo como na súa faceta de emprendedor impulsando novos proxectos empresariais no sector.

Este título ten como obxectivos:

    1- Capacitar no deseño e a produción de contidos audiovisuais facendo uso das tecnoloxías para a creación de animación e videoxogos.

    2- Formar no uso das ferramentas máis avanzadas para a creación dixital e a súa aplicación nos diferentes campos.

    3- Coñecer, utilizar e experimentar as tecnoloxías emerxentes na creación dixital, animación e videoxogos.

    4- Promover o emprendemento empresarial no sector da animación e os videoxogos.