O perfil de ingreso non está ligado a ningunha das modalidades de bacharelato en concreto, senón que, pola contra, a presenza de estudantes de modalidades distintas como Artes e Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencias e Tecnoloxía resultará altamente beneficioso nunha titulación tan multidisciplinar como a que aquí se presenta.
O perfil de ingreso desexado ou recomendable para os estudos de Grao en Creación, Animación e Videoxogos é o seguinte:
- Estudantes con interese no sector da creación dixital, a animación e dos videoxogos.
- Estudantes cun perfil creativo e innovador con aplicación práctica.
- Predisposición á innovación, adaptación e aprendizaxe continuo nunha contorna cambiante e en continua evolución.
- Capacidade de observación da contorna e de achegar novidades dunha forma creativa.
- Capacidade para o traballo colaborativo, a organización do tempo e a xestión.