Sector da animación e o videoxogo

 
A materia ten como obxectivo un achegamento ao sector da animación e do videoxogo desde unha perspectiva económica e industrial.

Os contidos de animación e os videoxogos xéranse nun contexto industrial e, para o seu estudo, convén unha visión integradora, xa que poden considerarse ao mesmo tempo unha forma de expresión artística, unha actividade industrial suxeita a leis comerciais e un medio de difusión de ideas con impacto cultural e social.

Guía docente:

Materias que se recomenda ter cursado previamente:

    Historia da animación e os videoxogos
    Produción da animación e o videoxogo