Normativa SUG-UDC

Obxectivos e fins do Sistema Universitario de Galicia

1. Recoñécense como obxectivos e fins propios do SUG os siguientes:

    a) A creación, a transmisión e a difusión da cultura e dos coñecementos e métodos científicos, técnicos, humanísticos e artísticos, así como a formación e a educación integral de mulleres e homes para un desenvolvemento profesional acorde co seu formación.

    b) A garantía da autonomía universitaria, fundamentada no principio de liberdade académica, que se manifesta nas liberdades de cátedra, de investigación e de estudio.

    c) A coordinación e a cooperación como elemento relacional básico para a racionalización do mapa universitario e para o fortalecemento do conxunto das universidades galegas respectando a identidade de cada unha de ellas.

    d) O fomento do pensamento crítico e da cultura da liberdade, a solidariedade, a igualdade e o pluralismo e a transmisión dos valores cívicos e sociais propios dunha sociedade democrática. Prestarase especial atención ao fomento da igualdade de trato e
    de oportunidades entre mulleres e homes, así como á igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidad.

    e) O enriquecemento do patrimonio intelectual, cultural, científico e técnico de Galicia, co obxectivo do progreso xeral, social e económico e o seu desenvolvemento sostenible.

    f) A promoción do galego, lingua oficial e propia de Galicia, e a súa coexistencia co castelán, tamén lingua oficial, e, se fose o caso, con outras linguas de interese para a docencia e a investigación.

    g) O estreitamento de relacións de intercambio e colaboración con centros de educación superior e institucións públicas e privadas do ámbito nacional e internacional, con especial atención a Portugal e Iberoamérica.

2. As universidades integrantes do SUG colaborarán cos poderes públicos no logro de fins e obxectivos.

Universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia

    1. O Sistema universitario de Galicia está integrado pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo e, se fose o caso, por aquelas que sexan creadas ou recoñecidas por lei do Parlamento de Galicia.

    2. As universidades integrantes do SUG realizan o servizo público do ensino superior universitario en Galicia mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigación, a creación, a difusión e a transferencia de conocimiento.


 
Normativa da UDC