Postprodución 3D e efectos visuais

 
O obxetivo é adquirir coñecementos sobre os procesos de creación de efectos visuais mediante técnicas de rotoscopía, animación de máscaras e o uso de keying, así como en distintas ferramentas de composición 3D e sistemas de partículas.

Tamén adquirirán coñecementos sobre os procesos avanzados de integración 3D, tanto de elementos tridimensionais xerados mediante computador sobre contornas reais como de inclusión de elementos de imaxe real en contornas dixitais. Para iso formarase nas técnicas de obtención de movementos de cámara a partir de imaxe de vídeo e axuste de movemento aplicados a contornas e elementos 3D.

Guía docente:

Materias que se recomenda ter cursado previamente:

    Linguaxe e narrativa gráficas e audiovisuais
    Edición e montaxe
    Deseño sonoro
    Materiais e iluminación