Shading

 
Nesta materia optativa profundízase no proceso de elaboración e xeración da apariencia dos materiais (material appearance & shading). Trátase dun dos procesos fundamentais dentro do pipeline de gráficos 3-D e que resulta determinante na apariencia final das imaxes sintéticas xeradas por computador. Nesta optativa ampliaranse os conceptos básicos introducidos na materia obligatoria de "materiais e iluminación", e o alumnado aprenderá a utilizar aproximacións físicas para simular materiais máis realistas.

Para alcanzar este obxectivo o alumnado deberá desenrolar unha visión analítica da apariencia dos materiais, interpretando e descompoñendo materiais reais nos seus atributos e propiedades fundamentais, de modo que os poidan reproducir e reconstruir posteriormente nun entorno virtual. O alumnado aprenderá ademáis cómo xerar, reproducir ou capturar texturas, utilizar definicións procedurais ou ben combinacións das alternativas anteriores, para conseguir crear materiais cunha apariencia máis realista e complexa.

Guía docente:

Materias que se recomenda ter cursado previamente:

    Gráficos por Computador
    Materiais e Iluminación