Teoría e práctica de edición e montaxe

O obxectivo desta materia é achegar o alumno aos aspectos teóricos e técnicos ligados ao proceso de montaxe, así como a súa evolución ao longo da historia ata os nosos días.

Durante o curso o estudante aprenderá sobre os diferentes tipos e técnicas de montaxe, así como o fluxo de traballo dende a captura de material ata os formatos de saída, incluíndo o son, para obter un produto audiovisual de calidade.

Profesora:

Guía docente: