Posproducción dixital

A materia de Posproducción Dixital forma os alumnos nas técnicas de tratamento de vídeo para a xeración de efectos visuais (VFX), e o seu uso con fins narrativos.

Así, os estudantes aprenderán a modificar secuencias de vídeo para eliminar elementos indesexados ou introducir personaxes e obxectos 3D, traballar con chroma, ou xerar material audiovisual a partir de elementos de fontes diversas.

Deste xeito, na materia xúntanse os coñecementos do estudante no campo da infografía e a animación 3D cos da filmación do mundo real, fusionándose no campo da integración dixital.

Profesores:

Guía docente:

Materias que se recomenda ter cursado previamente:

    Infografía 3D1
    Infografía 3D2
    Guión
    Dirección de fotografía e iluminación
    Teoría e práctica de edición e montaxe
    Ambientación sonora e musical

    É altamente recomendable cursar simultaneamente Animación 3D1