Ferramentas web avanzadas

Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web.

Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc.

O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer aos alumnos a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.

Profesores:

Guía docente: