Extracurriculares

Conferencia A. Macías

Xoves, Novembro 4, 2021

 

O luns 8 de novembro, o xornalista e experto en historia da Televisión Alejandro Macías impartirá unha conferencia dentro da materia de Historia da Radio, a Televisión e o Multimedia do Grao de Comunicación Audiovisual.

Esta actividade aberta ao público, realizarase ás 16 hs no Salón de Actos.

SON [elas] Mayca Aguilera

Mércores, Maio 5, 2021

 

O vindeiro luns, 10 de maio, a Facultade acollerá a conferencia "Escoita e verás. Deseño sonoro para a inmersión e xeración de imaxes mentais" a cargo de Mayca Aguilera, realizadora en radio, ambientación e montaxe sonora en RNE-RTVE.

A actividade, que se integra no ciclo SON [Elas] Creatividad e produción de contidos sonoros celebrarase ás 16:30h. a través de zoom [https://bit.ly/3nMzz1c].

Conferencia E. Rodero

Domingo, Abril 18, 2021

 

O vindeiro luns, 26 de abril, Emma Rodero impartirá na Facultade unha conferencia-obradoiro de creatividade vocal. A actividade, que se integra no ciclo SON [Elas] Creatividade e produción de contidos sonoros", celebrarase ás 18:00h. a través de zoom [https://bit.ly/3tuDpOK].

Emma Rodero é investigadora e profesora no Departamento de Comunicación da Universidade Pompeu Fabra (Barcelona) onde dirixe o Media Psychology Lab. Ademais, é a directora do Laboratorio de Comunicación (CCLab) da Barcelona School of Management para mellorar a competencia comunicativa de estudantes e profesionais. É Licenciada en Xornalismo, Doutora en Comunicación, Doutora en Psicoloxía, Especialista en Patoloxía da Voz e Especialista en Psicoloxía da Cognición. É autora de máis de doce libros e preto de setenta artigos científicos sobre a voz, o son e a radio. Habitualmente imparte as materias de Oratoria e Media Psychology na UPF. É recoñecida mundialmente pola súa investigación en voz, a súa principal especialidade. Ademais, traballou na radio durante once anos, a maior parte na Cadena Ser. Na actualidade tamén é locutora de publicidade e documentais e recibiu premios por algúns programas de radio.

Prácticas de verán

Mércores, Xullo 15, 2020

 

Sumamos novas ofertas de prácticas extracurriculares para este verán, destinadas ao alumnado que teña superados xa o 50% dos créditos do seu grao:

- ALDA Hotels:
Perfil: Deseño gráfico, fotografía e edición de contidos audiovisuais.
Horas: 750
Lugar: Sada (A Coruña)
Prazas: 1

- Galicia de Moda:
Perfil: Xestión de redes sociais, deseño gráfico, fotografía, comunicación e moda.
Horas: 150
Lugar: A Coruña
Prazas: 1

-Radio Voz:
Perfil: Redacción e locución radiofónica.
Horas: 150
Lugar: A Coruña
Prazas: 1

- Vizuals Lab:
Perfil: Produción en longametraxe (solicitude de axudas, control de orzamento e xestións varias de apoio aos equipos de gravación).
Horas: 400
Lugar: Arteixo (A Coruña).
Prazas: 1

- Vizuals Lab:
Perfil: Produción de son.
Horas: 200
Lugar: Arteixo (A Coruña).
Prazas: 1

Se estás interesado, envía antes do 22 de xullo unha copia do teu expediente académico (pódela imprimir desde a Secretaría Virtual da UDC [https://matricula.udc.es/Secretaria/Login.asp]) e do teu currículum vítae en PDF a: practicas.comunicacion@udc.es indicando no asunto o nome da empresa, por exemplo, "ALDA Hotels".

Para máis información sobre o perfil dos candidatos/as e condicións de cada oferta, podedes consultar a documentación axunta a esta noticia.

Prácticas de verán

Mércores, Xuño 17, 2020

 

A oferta de prácticas extracurriculares para este verán, destinada ao alumnado que teña superados xa o 50% dos créditos do seu grao, comprende, de momento, as seguintes opcións:

- Abano Producións:
Perfil: Animación para longametraxe.
Horas: 500
Lugar: A Coruña
Prazas: 1

- ALDA Hotels:
Perfil: Deseño gráfico, fotografía e edición de contidos audiovisuais.
Horas: 750
Lugar: Sada (A Coruña)
Prazas: 1

-Ayudas Energía + Lenovo:
Perfil: Community manager con coñecementos de wordpress e deseño web con Elementor Pro.
Horas: 500
Lugar: A Coruña
Prazas: 1

- Faro Norte:
Perfil: Gabinete de comunicación en axencia.
Horas: 176
Lugar: Ribadeo (Lugo)
Prazas: 1

- Fundación Manuel María de Estudos Galegos:
Perfil: Realización e edición audiovisual.
Horas: 200
Lugar: A distancia / Teletraballo.
Prazas: 1

- Hyliacom:
Perfil: Redacción e produción de videoxogos.
Horas: 150
Lugar: Narón (A Coruña) e a distancia / teletraballo.
Prazas: 1

- Mundiario:
Perfil: Xornalismo dixital.
Horas: 150
Lugar: A distancia / teletraballo.
Prazas: 1

- QUATTRO IDCP:
Perfil: Deseño gráfico off e online.
Horas: 360 (aprox.)
Lugar: A Coruña.
Prazas: 2

- Vizuals Lab:
Perfil: Produción en longametraxe (solicitude de axudas, control de orzamento e xestións varias de apoio aos equipos de gravación).
Horas: 400
Lugar: Arteixo (A Coruña).
Prazas: 1

Se estás interesado, envía antes do 23 de xuño unha copia do teu expediente académico (pódela imprimir desde a Secretaría Virtual da UDC) e do teu currículum vítae en PDF a: practicas.comunicacion@udc.es indicando no asunto o nome da empresa, por exemplo, "Abano Producións".

Para máis información sobre o perfil dos candidatos/as e condicións de cada oferta, podedes consultar a documentación axunta a esta noticia.

AnexoTamaño
PDF icon extracuriculares_veran_2020_web.pdf225.71 KB

Seminario de cinema

Luns, Marzo 9, 2020

 

O Seminario de Cinema inicia un monográfico de animación que se desenvolverá no Salón de Actos, a partir das 16:00 horas.

Esta semana o programa é o seguinte:

    10.03.20: O xigante de ferro, de Brad Bird
    12.03.20: Akira, de Katsuhiro Otomo

Seminario de cinema

Mércores, Febreiro 26, 2020

 

O Seminario de Cinema programará o vindeiro xoves, 27 de febreiro, ás 16:00, a película Mujeres ao bordo dun ataque de nervios, de Pedro Almodóvar

Seminario de cinema

Martes, Febreiro 18, 2020

 

Esta semana están previstas as dúas seguintes películas, que se proxectarán no Salón de Actos a partir das 16:00

    Martes 18: Algúns homes bos, de Rob Reiner
    Xoves 20:Hijos dos homes, de Alfonso Cuarón

Páxinas