O vindeiro luns, 26 de abril, Emma Rodero impartirá na Facultade unha conferencia-obradoiro de creatividade vocal. A actividade, que se integra no ciclo SON [Elas] Creatividade e produción de contidos sonoros", celebrarase ás 18:00h. a través de zoom [https://bit.ly/3tuDpOK].
Emma Rodero é investigadora e profesora no Departamento de Comunicación da Universidade Pompeu Fabra (Barcelona) onde dirixe o Media Psychology Lab. Ademais, é a directora do Laboratorio de Comunicación (CCLab) da Barcelona School of Management para mellorar a competencia comunicativa de estudantes e profesionais. É Licenciada en Xornalismo, Doutora en Comunicación, Doutora en Psicoloxía, Especialista en Patoloxía da Voz e Especialista en Psicoloxía da Cognición. É autora de máis de doce libros e preto de setenta artigos científicos sobre a voz, o son e a radio. Habitualmente imparte as materias de Oratoria e Media Psychology na UPF. É recoñecida mundialmente pola súa investigación en voz, a súa principal especialidade. Ademais, traballou na radio durante once anos, a maior parte na Cadena Ser. Na actualidade tamén é locutora de publicidade e documentais e recibiu premios por algúns programas de radio.