Extracurriculares

Conferencia sobre guión

Xoves, Febreiro 13, 2020

 

Primeira conferencia do ciclo: Distintos xéneros e formatos na escritura de guion: constantes e variables.

O vindeiro luns ás 13 horas no salón de graos, a guionista Rocío Cadahía impartirá unha conferencia analizando o seu traballo no documental Manoliño Nguema, xa premiado en festivais especializados e actualmente nomeado aos Mestre Mateo.

Este documental social narra a historia de Marcelo Ndong, un artista africano sexagenario formado en España, que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial). Ndong recibe unha inesperada proposta: montar unha obra de teatro que relate a súa propia vida.

Para iso creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Santiago de Compostela. O documental expón unha viaxe persoal e creativa que conducirá ao espectador desde a Guinea postcolonial e a España franquista, ata a actualidade de ambos os países a través da biografía do músico, actor circense, mimo e sobre todo migrante, Marcelo Ndong.

Seminario de cinema

Luns, Febreiro 10, 2020

 

Esta semana están previstas as dúas seguintes películas, que se proxectarán no Salón de Actos a partir das 16:00

    Martes 11: Un home solteiro, de Tom Ford
    Xoves 13: Carreiros de Gloria, de Stanley Kubrick

Seminario de cinema

Martes, Febreiro 4, 2020

 

O Seminario de Cinema da Facultade de Ciencias da Comunicación retoma a súa actividade no segundo semestre do curso.

Esta semana están previstas as dúas seguintes películas, que se proxectarán no Salón de Actos a partir das 16:00

    Martes 4: La Condena, de Béla Tarr.
    Jueves 6: Agosto, de John Welles

Seminario de cinema

Luns, Novembro 18, 2019

 

O Seminario de Cinema programa o xoves 19 de decembro a película de John Cassavetes "Unha muller baixo a influencia". Será ás 16:00 horas no Salón de Actos.

Seminario de cinema

Luns, Novembro 11, 2019

 

O Seminario de Cinema programa o xoves 12 de decembro a película Doce homes sen piedade, do director Sidney Lumen. Será ás 16:00 horas no Salón de Actos.

Seminario de cinema

Martes, Novembro 26, 2019

 

O Seminario de Cinema programa o xoves 28 de novembro a película 4 meses, 3 semanas, 2 días, do director director romanés Cristian Mungiu. Será ás 16:00 horas no Salón de Actos.

Seminario de cinema

Luns, Novembro 18, 2019

 

O Seminario de Cinema programa o xoves 21 de novembro a película Oldboy, de Chan- Wook- Park. Será ás 16:00 horas no Salón de Actos.

Seminario de cinema

Luns, Novembro 11, 2019

 

O Seminario de Cinema programa esta semana dúas novas películas. O martes 12 de novembro proxectarase "Metrópoles" de Fritz Lang, e o xoves 14 de novembro "As virxes suicidas" de Sofía Coppola.

Como é habitual será a partir das 16:00 no Salón de Actos con diálogo posterior sobre os filmes.

Páxinas