Conferencia sobre guión

Xoves, Febreiro 13, 2020

 

Primeira conferencia do ciclo: Distintos xéneros e formatos na escritura de guion: constantes e variables.

O vindeiro luns ás 13 horas no salón de graos, a guionista Rocío Cadahía impartirá unha conferencia analizando o seu traballo no documental Manoliño Nguema, xa premiado en festivais especializados e actualmente nomeado aos Mestre Mateo.

Este documental social narra a historia de Marcelo Ndong, un artista africano sexagenario formado en España, que agora rexenta unha pequena gardería en Malabo (Guinea Ecuatorial). Ndong recibe unha inesperada proposta: montar unha obra de teatro que relate a súa propia vida.

Para iso creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Santiago de Compostela. O documental expón unha viaxe persoal e creativa que conducirá ao espectador desde a Guinea postcolonial e a España franquista, ata a actualidade de ambos os países a través da biografía do músico, actor circense, mimo e sobre todo migrante, Marcelo Ndong.