Curriculares

MPXA: lista definitiva extranjeros

Martes, Maio 28, 2019

 

Publicación das listas definitivas dos alumnos estranxeiros admitidos para cursar unha das dúas especialidades do MPXA o curso 2019-2020, así como as listas de espera actualizadas.

MPXA: lista provisional extranjeros

Mércores, Maio 8, 2019

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual ( MPXA), conformada por Luís A. Hernández Ibáñez, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arroxo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Marta Fernández-Tafalls, publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso 2019-2020.

Prácticas: festival [S8]

Luns, Maio 6, 2019

 

O (S8) Mostra Internacional de Cinema periférico oferta tres estadías de prácticas na súa organización para estudantes de 3º e 4º do Grao en Comunicación Audiovisual da UDC co 50% dos créditos aprobados.

Funcións:

Área de relacións públicas: actividades auxiliares coa recepción de invitados, traballos de protocolo, xestión de entradas,persoal de sala e atención o público.

Área de produción: Colaborar co resto de responsables da Mostra para lograr unha organización de actividades coherente e ben coordinada. Atender a Oficina de produción do Festival como un membro máis do equipo de produción.

Se ben as labores varían, en función do posto, o período estimado das prácticas é do 27 de maio ao 10 de xuño aproximadamente. As prácticas desenvolveranse en Afundación e noutras sedes culturais da Cidade da Coruña. Dada a limitada extensión do período non haberá recoñecemento de créditos.

Para candidatar á oferta cómpre remitir un e-mail a practicas.comunicación@udc.es antes do vindeiro luns, 13 de maio.

Bolsas Iberoamérica

Venres, Abril 26, 2019

 

Convocadas 19 bolsas para o curso 2019-20 co fín de realizar unha estadía semestral en universidades iberoamericanas.Cada bolsa ascende a unha cantidade de 3000 € e están destinadas a sufragar os custos de matrícula -se os houbese-, desprazamento, seguro de viaxe, manutención e aloxamento.

O prazo de presentación remata ás 14h do vindeiro día 30 de abril.

Máis información: Bolsas Iberoamérica

Conferencia: Raúl García

Venres, Abril 5, 2019

 

O luns 8 de abril Raúl García impartirá unha conferencia sobre Guion de formatos de televisión. A mesma realizarase na aula 2 ás 13 horas.

Antigo alumno da Facultade de Ciencias da Comunicación dá Universidade dá Coruña, Raúl García actualmente traballa na súa propia produtora Meteórica Cinema&Animación.

Ata que emprendeu o seu propio camiño, Raúl colaborou en diversas produtoras, sendo guionista contratado en Ficción producións. Traballou de guionista e director en programas de televisión como Cos Pés Na Terra, Casamos! A historia de amor de... ou Anacos de vida, entre outros.

Mesa redonda OMA

 

O xoves 21 de febreiro, ás 16 hs no Salón de Graos terá lugar unha mesa redonda sobre Mobilidade Urbana na que estará representado o Concello dá Coruña e a mobilidade cidadá mediante a asociación Mobi-Liza.

Accede á información detallada no arquivo adxunto.

AnexoTamaño
PDF icon cartaz_mesa_mobilidade.pdf374.55 KB

Erasmus+ Prácticas)

 

Aberta a convocatoria do programa ERASMUS+ PRÁCTICAS (SMT).

Conta con dúas modalidades:

    A. A. Estudantes en prácticas: esta modalidade abrangue todas aquelas persoas solicitantes que realizan o seu período de prácticas mentres posúen a condición de estudantes matriculados na UDC.

    B. Recentemente titulados en prácticas: abrangue todos aqueles candidatos que soliciten a mobilidade no seu último ano de estudos e que realizan a súa estadía de prácticas nun período inmediatamente posterior ao depósito do título.

As estadías realizaranse entre o 1/09/2019 e o 30/09/2020 e terán unha duración de entre 2 e 12 meses.

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 15/05/2020.

Enlace á convocatoria: http://ow.ly/MDXZ30nLvND

Páxinas