Curriculares

CDAV: grupos medios

Luns, Setembro 5, 2022

 

Publícase a distribución de grupos medios (A, B e C) dos catro cursos de CDAV para o PRIMEIRO CUADRIMESTRE.

Abrirase un prazo de solicitude de cambio de grupo do 12 ao 16 de setembro, para o que se abrirá un formulario dispoñible na web.

Os cambios de grupo poderanse solicitar nos seguintes casos:

- Situacións contempladas na normativa da UDC (e.g. estudantes con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica)
- Permuta entre dous alumnos, de mutuo acordo, de forma que non se modifique o total de alumnos en cada grupo
- Colisión de horarios entre materias de distintos cursos

NOTA: Estas listaxes son PROVISIONAIS. En caso de necesidade, por limitacións de aforo, podería haber cambios de grupo NON SOLICITADOS para dar cabida aos cambios xustificados.
Fóra dos casos xustificados, a distribución en grupos foi aleatoria.

Distribución de grupos

Venres, Setembro 2, 2022

 

Publícase a distribución dos grupos medios (A, B e C) dos catro cursos de CAV.

Os cambios de grupo só serán posibles se hai un motivo xustificado (por exemplo, un contrato de traballo), ou se os estudantes póñense de acordo e fan unha permuta entre eles.

O prazo para solicitar cambio de grupo será do 12 ao 16 de setembro, e para iso abrirase un formulario que estará dispoñible na web.

Bienvenida curso 2022/23

Xoves, Xullo 14, 2022

 

O luns 5 de setembro de 2022 realizarase a Xornada de Benvida para os estudantes do primeiro ano.

Lugar: Salón de Actos do centro.

Horario:

    Grao en Comunicación Audiovisual: 9:00hs
    Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos: 17:00hs
AnexoTamaño
PDF icon xornadabenvida.pdf100.83 KB

Comunicación Deportiva

Xoves, Xuño 30, 2022

 

Atópase aberto o prazo de matrícula para o Máster en Comunicación Deportiva. Nesta edición e pola situación derivada da pandemia contamos con becas dende o 15% ata o 100%.

Por maior información:

Contacto: mastercomunicaciondeportivaudc@gmail.com

Corrección de erros

Xoves, Marzo 17, 2022

 

Corrección de erros en listaxe definitiva de prazas Erasmus e Bilateral adxudicadas na 1º Convocatoria.

Páxinas