CAV - MODIFICACIÓN GRAO

Luns, Xullo 7, 2025

 

O Grao en Comunicación Audiovisual da UDC está inmerso nun proceso de modificación que supoñerá unha evolución significativa na súa estrutura formativa. Esta actualización responde o compromiso de ofrecer un ensino adaptado ás necesidades actuais do sector e aos perfís profesionais emerxentes, co obxectivo de seguir mellorando a calidade da formación que reciben os nosos estudantes.

O novo plan de estudos busca reforzar a dimensión práctica, actualizar os contidos e potenciar a especialización, respondendo así as demandas do mercado laboral e da sociedade. Trátase dunha aposta decidida por formar profesionais cunha visión integral e versátil do ámbito audiovisual.

A implantación do novo plan será progresiva, segundo o seguinte calendario:

Curso 2025-2026: 1er curso
Curso 2026-2027: 1er e 2º curso
Curso 2027-2028: 1er, 2º e 3º curso
Curso 2028-2029: 1er, 2º, 3º e 4º curso

Desde a Facultade de Ciencias da Comunicación agradecemos a confianza do alumnado e seguiremos traballando para ofrecer unha titulación de referencia no ámbito audiovisual.

Memoria do título sen modificar:

Grado en Comunicación Audiovisual (2021)

Memoria do título modificado:

Grado en Comunicación Audiovisual (2025)