Día do Patrón

En Instagram @3dcom_udc, están a organizarse actividades para o día 7 de decembro.
¡Esperámosche!
En Instagram @3dcom_udc, están a organizarse actividades para o día 7 de decembro.
¡Esperámosche!
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa, dirixida pola profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación, Carmen Costa Sánchez, organiza a I Xornada de Divulgación Social Comunicar [é] saúde. Comunicación para a saúde na sociedade-rede.
A presente Xornada, que será online e gratuita e terá lugar o 2 de decembro, reúne a académicos e profesionais para explicar e debatir, por unha parte, qué se está investigando en España no marco da comunicación para a saúde, e por outra, cómo trasladar información e consellos de saúde aos cidadáns nun contexto de multiplicidade de medios e plataformas.
Esta é a primeira xornada que se organiza na Universidade da Coruña sobre esta temática.
O resultado é un programa de primeiro nivel que esperamos resulte do voso interese. Inscríbete gratuitamente aquí: https://www.fundacion.udc.es/inscripcion.asp?id=1335
Asiste ao noso evento en directo: https://bit.ly/3BXdYZF
Concedeuse ex-aequo aos TFG´s "Efecto Caracola" (das alumnas Paula Calviño, Alba Otero e María Jácome) e "Estratexia de Comunicación Externa da Facultade de Ciencias da Comunicación" (de Sara González e Marta Aguelle).
Actividade organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 69.76 KB |
Resolución para nomear un suplente para o xurado ao mellor Traballo Fin de Grao de temática galega para o curso académico 2020-21.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 70.7 KB |
O vindeiro martes, 26 de outubro, ás 12:30 h. o salón de actos da Facultade acollerá a conferencia "Dereitos de autor e propiedade intelectual na creación dixital" de Xosé Manuel Rey Piñeiro, de Datalawyers.
A actividade insérese no Ciclo de conferencias e talleres [A]Cerca do sector, un ciclo organizado conxuntamente desde a coordinación do PAT e a materia "Sector da animación e o videoxogos", para dotar ao alumnado da Facultade de coñecementos e ferramentas para o seu acceso ao sector.
O vindeiro xoves, 21 de outubro, ás 16:30 hs, retomamos o ciclo de conferencias "SON [ elas] Creatividade e produción de contidos sonoros".
O ciclo, organizado pola Facultade, contará con diversas relatoras, especialistas e profesionais en diversos campos da creación sonora.
O programa para as próximas semanas é:
Xoves 21. 16:30 "Nuevas narrativas transmedia para captar la atención" de Icíar Sánchez-Biezma, Directora de Operaciones de El Cañonazo Transmedia. Acceso 21 de outubro
Martes 26. 11:00h. "Wednesday Studio. Originalidad y estilo propio [en la creación de videoclips]" a cargo de Iria López y Jennifer Smith de Wednesday Studio. Acceso 26 de outubro
Mércores 27. 11:30h. "Diseño de entornos sonoros" con Mirella Díez Morán, diseñadora de sonido en Pîcolo Studio. Acceso 27 de outubro
A Facultade de Ciencias da Comunicación organizar unha nova edición do Seminario Internacional de Mulleres e Videoxogos, a ambos lados da pantalla, en colaboración con Women in Games (WIGJ), o CEXEF, a Asociación Española de Videojuegos | AEVI, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, o Campus Innova e o Instituto de las Mujeres.
Nesta ocasión acabamos de pechar un programa que integra diversas actividades -virtuais e presenciais- dende enfoques tan diversos como a situación da industria dos videoxogos, o deseño de son, a comunicación especializada en videoxogos ou o papel das xogadoras.
Ademáis celebraranse dous obradoiros de Deseño e Arte de Videoxogos, de forma presencial, na Facultade de Ciencias da Comunicación (inscripción aquí https://bit.ly/3AJGKx2 )
A inauguración do Seminario será o vindeiro mércores, 29 de setembro, cos relatorios de Elena Beltrán, Coordinadora de Comunicación da Asociación Española de Videoxogos-AEVI, e Anne-Sophie Mongeau. Deseñadora de son senior en Hazelight Studios.
Máis información https://mujeresvideojuegos.udc.es/
Vén de publicarse o libro “Los estudios de audiencia. De la tradición a la innovación” coordinado polas profesoras Natalia Quintas Froufe e Ana González Neira
A obra, publicado en Editorial Gedisa, recolle diversas aproximacións ás realidades e retos actuais dos estudos de audiencias, da man de expertos e expertas na materia.