TFG Temática Gallega.

Xoves, Setembro 24, 2020

 

Premio destinado a todo o alumnado de TFG da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC que presentase o seu traballo nalgunha das tres convocatorias do curso 2019-20.

As pezas deberán estar gravadas en lingua galega que deberá ter plena visibilidade e corrección. É imprescindible o seu carácter inédito. O premio é único e terá unha contía de 250 euros.

A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 16 de outubro de 2020.