Mulleres e videoxogos

Venres, Setembro 25, 2020

 

á segunda edición das xornadas internacionais "Mulleres detrás dos videoxogos", que este ano se celebrarán de forma virtual entre os vindeiros 2 e o 9 de outubro.

Este evento, organizado por profesorado da Facultade, en colaboración con Women in Games WIGJ, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas CEXEF e o Campus Innova, conta con financiación do Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.

Estamos pechando un programa que combina relatorios e faladoiros en directo, abertos á participación do público, con outro tipo de contidos en vídeo e unha exposición virtual sobre pioneiras dos videoxogos.

Na xornada inaugural (venres 2) contaremos con Cecilia Castaño, Catedrática de Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid, experta en Xénero e tecnoloxía, e con Jane McGonigal, deseñadora de Videoxogos e escritora.

Esperamos contar coa vosa presenza.