Movilidad: reunión ORI

Mércores, Febreiro 21, 2024

 

Ante a próxima publicación da nova convocatoria de Erasmus+ Prácticas (SMT), o vindeiro venres día 23 a ORI fará unha charla informativa no Campus de A Coruña. Nesta charla informarán aos estudantes sobre modalidades e requisitos da convocatoria; empresas e institución elixibles; duración e recoñecemento; solicitude; prazos e coantías económicas.

Data, horario e lugar de celebración

  • Data: venres, 23 de febrero
  • Lugar: Campus da Coruña: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa (2º andar), ás 10:00 h.

O PROGRAMA ERASMUS+ PRÁCTICAS (SMT)

Qué é o programa Erasmus+ Prácticas (SMT)?: Trátase dun programa dirixido a estudantes e recen titulados que ten por finalidade a adquisición de experiencia laboral e de aptitudes específicas para a participación no mercado laboral europeo.

A quén vai dirixido?: Estudantes que realizan as prácticas da súa titulación (obrigatorias ou voluntarias) e recen titulados.

En qué países podería facer ás prácticas?: 26 estados membros da UE; Islandia; Liechtenstein; Noruega; Turquía; Macedonia e Serbia.

Qué empresas e institucións son elixibles?: Empresas públicas/privadas; organismos públicos; institutos de investigación; embaixadas/consulados; centro escolar/instituto/centro educativo; ONGs; institución de educación superior; entre outras.

Este tipo de mobilidade, ten axuda económica?: Sí, e en coantías superiores ao Erasmus+ con fins de estudo.