Bolsa Nacho Mirás

Venres, Abril 26, 2019

 

Até o 30 de abril poderanse presentar proxectos para a IV Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados. Esta iniciativa está organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Poderán concorrer a esta convocatoria os titulados no últimos cinco anos (2019, 2018, 2017, 2016 ou 2015) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privado nin público. As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación. A bolsa ten unha dotación de 8.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado así o considera.

As persoas interesadas poden acceder ao formulario de inscripción ou comunicarse mediante o correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal.

Mais información en IV bolsa Nacho Mirás.