Os programas de mobilidade internacional favorecen tanto estudantes como a recien titulados, permitíndolles estudar e facer prácticas en Europa. Estes programas achegan un valor engadido á súa formación, contribuíndo a mellorar o seu futuro profesional e favorecendo, polo tanto, o seu desenvolvemento persoal.
O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor o programa Erasmus+.
Erasmus + integra todos os programas existentes no Programa de Aprendizaxe Permanente: PAP, Comenius, Grundtvig, Erasmus e Leonardo, asi como os Programas Internacionais de Educación Superior e o programa Xuventude en Acción.
En resumo: os programas de mobilidade Erasmus actualmente ofertados divídense en Erasmus+ prácticas e Erasmus fins de estudos.
En ambos os dous casos os estudantes teñen Obligacións e Dereitos
Na seguinte infografía podes revisar de maneira sintéticas as fases, trámites e documentación que necesitarás para a xestión da túa mobilidade estudantil. Lembra que esta infografía só é un recurso de axuda, polo que non te esquezas de verificar co teu coordinador de facultade e cos responsables da Oficina de Relacións Internacionais que realizaches correctamente cada trámite.
A continuación, podes acceder a outra documentación fundamental sobre este programa de mobilidade para asegurar que comprendes todos o proceso e requisitos asociados á túa solicitude de mobilidade. Debes revisalos con detemento.