Comunicación + creatividade contra a violencia de xénero

Mércores, Setembro 11, 2019

 

A Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración co Centro de Estudos de Xénero e Feministas organiza o Ciclo 'Comunicación + Creatividade contra a violencia de xénero' (programa provisional anexo).

A actividade, aberta a todo o público, desenvolverase no Salón de Graos da Facultade nos meses de setembro-outubro e contará coa participación das seguintes ponentes:
·16 SET. 11:00 h. "Mulleres e publicidade. Das cadeas ás alas". Alejandra Chacón · CdeC
·27 SET. 11:00h. "Nin machismo, nin feminismo: desmontando violencias e desigualdades nos medios audiovisuais". Bárbara G. Vilariño · Pikara Magazine
·7 OUT. 11:00h. "Entre o liberalismo e o retrosexismo: retos na representación audiovisual contemporánea". María Isabel Menéndez · Universidad de Burgos.
·24 OUT. 11:00h. "Reflexións sobre o estudo das audiencias televisivas con perspectiva de xénero". Amparo Huertas · Universitat Autónoma de Barcelona.

Ciclo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad) a través do Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña.

AnexoTamaño
PDF icon xornadascomunicacion.pdf317.32 KB