Curriculares

Visita do Reitor

 

O xoves 14 de febreiro, de 12:30 a 14:30, o Reitor visitará a nosa facultade para falar co PDI, o PAS e os estudantes que queiran asistir.

É unha charla sen orde do día na que se explicará os proxectos do Reitoría e escoitaranse as inquietudes que libremente se queren transmitir ao Reitor e ao seu equipo.

Mobilidade: reunión ORI

 

Queres coñecer máis sobre mobilidade? ven á reunión do luns 26 de novembro ás 10:45, no Laboratorio B da facultade.

Na mesma, o persoal da ORI resolverán todas as túas dúbidas.

Premio TFG

 

Está destinado ao alumnado de Comunicación Audiovisual que presentase o seu TFG nalgunha das tres convocatorias do curso académico 2017-18.

Deben estar gravadas en lingua galega que deberá contar con plena visibilidade e corrección.

A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 19 de outubro ás 14:00 horas, na administración da Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía.

O premio é único: 250 euros.

Este premio esta organizado pola Comisión de Normalizacion Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Bases completas no documento adxunto.

TFG TEMÁTICA GALLEGA

E despois de CAV qué?

 

Este venres, ás 16.30 na Aula 4, os ex alumnos da Facultade Alicia Rodríguez, Patricia Vior, Jessica Rey, Barbara Fontela, Rubén Gasalla e Adrián Pérez contarannos a súa traxectoria e experiencia ao remate da Licenciatura/Grao en Comunicación Audiovisual.

Nunha charla organizada pola profesora Carmen Costa, teredes a oportunidade de intercambiar opinións e pedirlles consello a recentes egresados que xa están en contacto co mercado laboral.

Páxinas