Curriculares

Guión: series de ficción

 

O vindeiro luns 19 de febreiro ás 11 hs na aula 2, Alberto Guntín impartirá unha sesión sobre guión de series de ficción.

Guntín é Xefe de desenvolvemento de Voz Audiovisual. Traballou como guionista, escaletista e argumentista en series de ficción nacionais como Compañeiros; en galegas como Mareas Vivas, Pai Casares, Matalobos ou as actualmente en emisión Serramoura e Viradeira; ademais de coproducións como O final do camiño, entre outros traballos.

Así mesmo, desenvolveu varios formatos para televisión entre os que se encuentan De bares, Galego con curso ou Quero ser marmelo para V Televisión; e foi responsable do guión da miniserie Mar Libre de Ficción Producións.

Con anterioridade, foi guionista de autopromociones na Televisión de Galicia

SICUE 2018/19

 

Se queres estudar o próximo ano noutra universidade española participa nesta convocatoria.

O prazo termina o 13 de marzo de 2018.

Por maior información aquí: Mobilidade SICUE

Axudas para mobilidade

 

Atópase aberta a convocatoria de axudas para a Mobilidade da Xunta de Galicia para aqueles estudantes que queiran mellorar o coñecemento de linguas.

Por maior información: Anuncio DOG

Mobilidade 2018/19

 

Se queres estudar o próximo ano no estranxeiro participa nesta convocatoria. O prazo termina o 30 de xaneiro de 2018.

Haberá unha reunión informativa na Facultade o 16 de xaneiro ás 13,15 horas na aula 1.

Por maior información aquí: Mobilidade Internacional

Publicidade Audiovisual

 

O exame de Publicidade Audiovisual de segundo de grao desenvolverase ás 12:00 horas do día 16 de xaneiro na aula Magna

Páxinas