Curriculares

IV edición de AGAPI IMPULSA COPROS

Xoves, Maio 29, 2025

 

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) impulsa a IV Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada cuxo propósito é facilitar e acompañar no desenvolvemento de proxectos de produción e coprodución coa experiencia que achegarán empresas produtoras independentes de recoñecida traxectoria.

Este programa está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos e o prazo de presentación vai desde o 22 de maio ata o 5 de xuño de 2025, ás 13.59h (hora peninsular).

Más información no PDF adxunto.

Charla informativas 2025

Venres, Novembro 8, 2024

 

O martes, 12 de novembro, ás 15h (aula 2) e o xoves, 14 de novembro, ás 14h (aula 4) levarán reunións informativas das bolsas de mobilidade.

O alumnado poderá acudir no horario que mellor encaixe na súa planificación de materias. Nestas charlas resolveranse todas as dúbidas que poidan xurdir sobre as bolsas de mobilidade nacional (SICUE) e internacional (ERASMUS e Bilateral).

Charla sobre mobilidade

Martes, Outubro 22, 2024

 

Desde a Oficina de Relacións Internacionais levará a cabo unha charla informativa onde explicarán todos os aspectos relativos á solicitude de bolsas de mobilidade. É unha oportunidade moi interesante para coñecer os distintos tipos de mobilidades existentes, os requisitos, os trámites, a documentación necesaria ou o financiamento.

  • Mobilidade Erasmus+ (SMS) y Bilateral por razón de estudios.
  • Mobilidade Erasmus+ de corta duración.
  • Mobilidade Erasmus + Prácticas.

O alumnado poderá disipar as dúbidas sobre a xestión das mesmas. Nesta charla poderán preguntar consultas concretas ao director da ORI e aos xestores da mobilidade que son as persoas que mellor vos poden resolver as dúbidas xerais (nós centrarémonos nos aspectos académicos).
Anímase ao alumnado para acudir á reunión, xa que se vai a realizar en pequenos grupos de alumnos co que se incrementan as oportunidades de poder resolver todas as vosas dúbidas.
Esta sesión realizarase na Facultade de Dereito, xunto aos graos de Dereito e Socioloxía, o vindeiro xoves, 24 de outubro, ás 12h (en principio, salvo cambio de última hora, no Salón de Graos).

Benvida 2024-2025

Mércores, Xullo 31, 2024

 

O luns 9 de setembro de 2024 realizarase a Xornada de Benvida para os estudantes de primeiro curso.

Lugar: Salón de Actos docentro.

Horario:

  • Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos: 9:00hs
  • Grao en Comunicación Audiovisual: 12:00hs
AnexoTamaño
PDF icon xornadabenvida_2425.pdf44.82 KB

Páxinas