Curriculares

CAV - MODIFICACIÓN GRAO

Luns, Xullo 7, 2025

 

O Grao en Comunicación Audiovisual da UDC está inmerso nun proceso de modificación que supoñerá unha evolución significativa na súa estrutura formativa. Esta actualización responde o compromiso de ofrecer un ensino adaptado ás necesidades actuais do sector e aos perfís profesionais emerxentes, co obxectivo de seguir mellorando a calidade da formación que reciben os nosos estudantes.

O novo plan de estudos busca reforzar a dimensión práctica, actualizar os contidos e potenciar a especialización, respondendo así as demandas do mercado laboral e da sociedade. Trátase dunha aposta decidida por formar profesionais cunha visión integral e versátil do ámbito audiovisual.

A implantación do novo plan será progresiva, segundo o seguinte calendario:

Curso 2025-2026: 1er curso
Curso 2026-2027: 1er e 2º curso
Curso 2027-2028: 1er, 2º e 3º curso
Curso 2028-2029: 1er, 2º, 3º e 4º curso

Desde a Facultade de Ciencias da Comunicación agradecemos a confianza do alumnado e seguiremos traballando para ofrecer unha titulación de referencia no ámbito audiovisual.

Memoria do título sen modificar:

Grado en Comunicación Audiovisual (2021)

Memoria do título modificado:

Grado en Comunicación Audiovisual (2025)

MPXA: Listas definitivas

Xoves, Xuño 26, 2025

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Cantarero, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Lanzo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas definitivas de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.

"De acordo á normativa da Universidade da Coruña aprobada en Consello de Goberno o 19/12/2024 relativa ao procedemento de preinscrición nos máster universitarios para o curso académico 2025/2026, o número total de persoas solicitantes admitidas neste prazo non superará o 50 % das prazas ofertadas (as prazas desta reserva que non se cubran acumularanse para o seguinte prazo). As solicitudes deste prazo que quedasen en lista de espera incorporaranse automaticamente ao seguinte prazo".

LISTA DE MATERIAS ENGLISH FRIENDLY

Mércores, Xuño 25, 2025

 

No marco do procedemento de Planificación Anual de Materias en modalidade English Friendly, xa está dispoñible a listaxe de materias e profesorado que ofertarán docencia nesta modalidade na Facultade de Ciencias da Comunicación durante o próximo curso académico.

A proposta, que foi aprobada na Xunta de Facultade celebrada o 25 de xuño de 2025, responde o compromiso do centro coa internacionalización e o fomento do uso do inglés como lingua de apoio á docencia.

A lista de materias e docentes implicados é a seguinte:

Grao en Comunicación Audiovisual

3º curso. Infografía 3D-1 (código 616G01024): Francisco Javier Taibo Pena

4º curso. Interacción 3D (código 616G01044): Luis Antonio Hernández Ibáñez

Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos

1º curso. Modelaxe 1 (código 616G02015): Francisco Javier Taibo Pena

4º curso. Empresa e emprendemento (código 616G02046): Ariadna Monje Amor

4º curso. Shading (código 616G02027): José Antonio Iglesias Guitián

4º curso. Técnicas avanzadas de Render (código 616G02024): José Antonio Iglesias Guitián

TRASLADO DE EXPEDIENTES

Mércores, Xuño 25, 2025

 

A Universidade da Coruña abriu o prazo de solicitude de admisión por cambio de universidade e/o de estudos universitarios oficiais españois e estranxeiros para o curso académico 2025/2026.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude entre o 1 e o 10 de xullo de 2025.

A documentación requirida deberá entregarse na Unidade de Xestión Académica Integrada (UXAI Socioloxía / Ciencias da Comunicación) ou enviarse por correo electrónico á dirección uxai.socom@udc.es dentro do prazo establecido.

CRTVG Convocatoria

Venres, Xuño 20, 2025

 

Informámosvos que a CRTVG vén de abrir unha nova convocatoria de selección de proxectos de contidos dixitais dotada con ata 357.000 € para a produción de 15 novos proxectos para as plataformas AGalega.gal e Xabarin.gal.

As datas de presentación das propostas son dende o 16 de xuño de 2025 ata o 1 de setembro de 2025 ás 15:00 horas.

¡Animádevos a participar!

Páxinas