Masterclass Gabriel Prada

Venres, Abril 9, 2021

 

O vindeiro luns, 12 de abril, terá lugar unha master class de Gabriel Prada, compositor e deseñador de son.

A actividade que se vai desenvolver ás 16:30h., no marco da materia Ambientació Sonora e Musical do Grao en Comunicación Audiovisual, abordará o proceso de creación musical para audiovisual e videoxogos, incluíndo aqueles aspectos máis relevantes na composición-selección de temas musicais para diferentes xéneros e formatos.