Charla sobre mobilidade

Martes, Outubro 22, 2024

 

Desde a Oficina de Relacións Internacionais levará a cabo unha charla informativa onde explicarán todos os aspectos relativos á solicitude de bolsas de mobilidade. É unha oportunidade moi interesante para coñecer os distintos tipos de mobilidades existentes, os requisitos, os trámites, a documentación necesaria ou o financiamento.

  • Mobilidade Erasmus+ (SMS) y Bilateral por razón de estudios.
  • Mobilidade Erasmus+ de corta duración.
  • Mobilidade Erasmus + Prácticas.

O alumnado poderá disipar as dúbidas sobre a xestión das mesmas. Nesta charla poderán preguntar consultas concretas ao director da ORI e aos xestores da mobilidade que son as persoas que mellor vos poden resolver as dúbidas xerais (nós centrarémonos nos aspectos académicos).
Anímase ao alumnado para acudir á reunión, xa que se vai a realizar en pequenos grupos de alumnos co que se incrementan as oportunidades de poder resolver todas as vosas dúbidas.
Esta sesión realizarase na Facultade de Dereito, xunto aos graos de Dereito e Socioloxía, o vindeiro xoves, 24 de outubro, ás 12h (en principio, salvo cambio de última hora, no Salón de Graos).