Prácticas

Venres, Decembro 20, 2019

 

La Cátedra Jean Monnet, especializada na investigación da economía da competencia, a competitividade empresarial e o desenvolvemento, ofrece a través da FUAC (Fundación Universidade da Coruña) prácticas para estudantes de 3 er. e 4º curso do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (co 50% dos créditos aprobados neste momento), co obxectivo de apoiar o seu labor desde o punto de vista comunicativo.

Se estás interesado, envía antes do 30 de decembro unha copia do expediente académico e do currículo vitae en PDF/PDF a: practicas.comunicacion@udc.es indicando no asunto "Jean Monnet".

Para máis información sobre o perfil dos candidatos e condicións das prácticas, podedes consultar a oferta adxunta a esta noticia.

AnexoTamaño
PDF icon 2020_extra_jean_monnet_web.pdf536.57 KB