Outras noticias...

Premio Contar a Ciencia

Xoves, Marzo 14, 2019

 

Comeza a VI edición do premio de comunicación científica universitaria “Contar a Ciencia-a Caixa”. Un certame dirixido aos estudantes de comunicación das tres universidades galegas para fomentar o xornalismo científico entre os futuros profesionais do sector en Galicia, e dar a coñecer tamén a investigación feita aquí.

Ata o 31 de marzo, os candidatos poderán achegar un borrador das súas propostas a través do seguinte formulario

Por maior información aquí

Vídeo corporativo

 

Os traballos do alumnado de vídeo corporativo sobre a Facultade de Economía e Empresa (UDC) acaban de ser difundidos nas canles institucionais (Facebook e LinkedIn) de dita Facultade.

Os traballos foron elaborados para a materia Comunicación Corporativa (2º curso) que coordina a profesora Carmen Costa.

Obradoiro 14ª MICE

 

Aberto o prazo para inscribirse ao Taller 14ª MICE " Ollares intencionados" organizado polo Museo do Pobo Galego.

Este taller será impartido por Adriana Vila Guevara e Miguel Alonso Cambrón

DATAS: Venres 29 e sábado 30 de marzo
PRAZAS LIMITADAS: 15 persoas
DURACIÓN: 8 horas
LUGAR: Museo do Pobo Galego

O alumnado estará limitado a 15 persoas. O prazo da matrícula estará aberto ata o 22 de marzo.

As persoas con interese en matricularse deberán escribir un correo electrónico a deac@museodopobo.ga, sinalando no asunto “Taller 14ª MICE” e incluíndo no texto o nome completo e o DNI.

Prezo:
- Matrícula xeral: 30 euros
- Persoas desempregadas e estudantes: 15 euros
- Socios/as do Museo do Pobo Galego: 10 euros

O número de conta para facer o ingreso é: 2080 0300 83 3040078644 ( ABANCA) indicando no concepto “Pago materiais Xornada MICE Museo do Pobo”.

Todas os alumnos recibirán un diploma acreditativo de asistencia ao curso.

Premios María L. Morales

 

Ábrese o prazo para participar nos III Premios María Luz Morales. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional ata o próximo 17 de marzo de 2019 a través do correo electrónico inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Os traballos gañadores recibirán un galardón e 1.200 euros o vindeiro mes de abril de 2019 nun acto que se desenvolverá na provincia de Ourense.

Consulta aquí as bases desta edición: Bases III Premios María Luz Morales

Visita de Ajo Vadillo

 

O luns 10 de decembro ás 9:15 María José Vadillo impartirá unha sesión para dar a coñecer o Programa MIP Campus, que facilita a participación de estudantes nos mercados internacionais.

María José Vadillo representa en España a Reed MIDEM, a empresa que organiza o MIPTV e MIPCOM de Cannes, entre outros mercados audiovisuais. É unha experta en vendas internacionais de contidos audiovisuais.

A sesión está dirixida aos alumnos de 3º e 4º, aínda que estará aberta aos alumnos doutros cursos que teñan interese.

AnexoTamaño
PDF icon miptv_campus.pdf3.42 MB

Concurso OUFF 2018

 

Concurso de proxectos para o Festival Cinema Internacional de Ourense que celebrarase entre o 29 de novembro e o 5 de decembro. Deberase crear unha peza audiovisual nun tempo determinado (durante as 48 hs da fin de semana do evento), cun presuposto limitado (600€) e cunha duración establecida (entre 3 e 10 minutos).

Para ser seleccionados previamente deberase presentar unha pequena proposta coa idea e cos datos dos participantes. O resto das bases e condicións poden ser consultadas nos arquivos adxuntos.

Animamos a participar a todo o alumnado (ou egresados/as) da nosa facultade, posto que a inscrición é gratuíta, con premios de ata 600€.

A data límite para a recepción de proxectos é o luns 19 de novembro de 2018.

Páxinas