Women in Games

O vindeiro martes 12 de novembro, ás 9:00 hs, no Salón de Actos realizarase a xornada "Mulleres en Videoxogos".
Por maior información ver o documento adxunto.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 162.88 KB |
O vindeiro martes 12 de novembro, ás 9:00 hs, no Salón de Actos realizarase a xornada "Mulleres en Videoxogos".
Por maior información ver o documento adxunto.
Anexo | Tamaño |
---|---|
![]() | 162.88 KB |
A Facultade está a colaborar co proxecto Escoita xunto co Concello da Coruña, o Deportivo, a ONCE e a Asociación da Prensa. O proxecto consiste na transmisión radiofónica dos partidos que o Deportivo xogue en Riazor a persoas invidentes que estarán no propio estadio e recibirían o sinal nuns receptores que se lles facilitarán. A iniciativa é posible que se traslade a outros equipos ( Basket Coruña, Liceo, Deportivo feminino…).
Para narrar os partidos pensamos en alumnos ou ex alumnos recentemente egresados da facultade. Recibirían formación para narrar partidos a través da radio en xeral por parte de profesionais radiofónicos, e especializada para narración a cegos a cargo da ONCE.
Os interesados deben poñerse en contacto co profesor José Videla:
videla@udc.es
O proxecto TFG "Villa Peluxe" está entre os proxectos seleccionados dentro da convocatoria de Proxectos Lusoespañoles de 3D Wire 2019 como serie online infantil.
Accede ao capítulo >"Doces Voos"
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña acollerá o 9, 10 e 11 de outubro o Congreso Internacional techLING 2019, organizado polo Campus Innova en colaboración coa Universidade do Minho (Portugal).
Trátase da 4ª edición desta conferencia internacional que promove un diálogo efectivo entre diversos representantes de áreas de aplicación da tecnoloxía ás linguas. Nesta ocasión, o congreso versará sobre os seguintes catro eixos:
O eixo "Gamificación, transmedia e contidos audiovisuais para o ensino" contará coa presenza de Miriam Hernanz, Subdirectora do LabRTVE, e de Óscar García Pañella, experto en Gamificación, Xogos Aplicados e Videoxogos (programa)
Aqueles interesados en asistir, deben realizar a súa inscrición nesta ligazón. A matrícula é gratuita para estudantes da Universidade da Coruña e o prazo de inscrición finaliza o venres 4 de outubro.
Información sobre a II edición de KINO GALICIA que se celebrará do 10 ao 18 Febreiro en Santiago de Compostela.
Os " kinokabarets ou maratóns kino" son encontros creativos nos que durante unha semana fanse curtametraxes dentro da filosofía de colaboración, " Eu axúdoche e a túa axúdasme "
Por maior información e Inscricións: www.kinogalicia.com
O Seminario de Cinema da Facultade dedica a xornada do xoves, 25 de setembro a Quentin Tarantino.
A partir das 16:00 proxectarase no Salón de Actos a película Jackie Brown e posteriormente dialogarase sobre a obra do director norteamericano.
A profesora Luz Castro colabora con CRTVG nunha sección quincenal sobre videoxogos e cultura dixital.
http://www.crtvg.es/informativos/luz-castro-hai-que-rachar-co-estigma-de...
O Seminario de Cinema da Facultade de Ciencias da Comunicación inicia o xoves 19 de setembro ás 16:00 hs as súas actividades. Proxectarase na aula 3 a película "Canino", do director grego Giorgos Lanthimos.
Haberá unha breve introdución a cargo dun dos membros do seminario e, ao final da película, unha charla/coloquio sobre a mesma.
Esta actividade está aberta a todos os membros da facultade.