Outras noticias...

Coruña Digital LAB

Venres, Xaneiro 10, 2020

 

Coruña Dixital LAB é unha iniciativa de Mundos Dixitais que busca promocionar o sector local dos contidos dixitais interactivos para dinamizar e potenciar este tecido empresarial na Coruña.

Actividade a realizarse o 28 xaneiro, 2020, ás 19:00 en Afundación, A Coruña.

Inscripcions: https://www.mundosdigitales.org/eventos/es/cdl.html

Guionistas de TV

Luns, Decembro 2, 2019

 

O vindeiro mércores 11 de decembro ás 9 horas terá lugar no Salón de Graos da Facultade unha mesa redonda con guionistas de TV financiado pola SGAE.

Entre os participantes atópase o antigo alumno da Facultade, Gandalf Gambarte.

AnexoTamaño
PDF icon udc_mesa_redonda.pdf10.94 MB

Oliver Laxe na ETSAC

Venres, Novembro 29, 2019

 

Este martes 3 de decembro ás 11 h no salón de actos da ETSAC contaremos coa presenza de de o director de cinema Oliver Laxe, director da galardoada película «O que arde».

Este acto aberto a todo o público interesado está organizado polo Grao en Paisaxe.

AnexoTamaño
PDF icon cartel_oliver_laxe_3dec.pdf32.71 MB

Animacción 2019

Martes, Novembro 26, 2019

 

O vindeiro venres 13 de decembro ás 16 horas proxectaranse no salón de actos da Facultade os curtos finalistas do Festival de cinema de Animación da Coruña ANIMACCIÓN.

Os estudantes da Facultade participarán como "xuíces" para outorgar o premio do público cos seus votos a un das curtametraxes.

Reunión aberta

Luns, Novembro 18, 2019

 

Esta reunión realizarase na aula 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación a partir das 17:30.

Por maior información accede ao documento adxunto.

AnexoTamaño
PDF icon reunion_devbites104.pdf214.77 KB

IV edición MUFEST

Luns, Novembro 4, 2019

 

Esta edición está aberta a calquera directora, guionista ou produtora que presente a súa película orixinal (curtametraxe ou longametraxe) en galego, en castelán ou subtitulada nunha destas linguas.

O período de inscrición está aberto desde el 24 de outubro do 2019 ata o 10 de xaneiro do 2020 a través da plataforma https://filmfreeway.com/MUFEST?pending=true ou enviando un enlace seguro ao correo electrónico info@mufest.org.

Pódense consultar todos os requisitos, características e premios nas bases de participación así como todas as noticias relacionadas co MUFEST en:

MUFEST:

ANDAINA:

Proxecto Escoita

Mércores, Outubro 9, 2019

 

A Facultade está a colaborar co proxecto Escoita xunto co Concello da Coruña, o Deportivo, a ONCE e a Asociación da Prensa. O proxecto consiste na transmisión radiofónica dos partidos que o Deportivo xogue en Riazor a persoas invidentes que estarán no propio estadio e recibirían o sinal nuns receptores que se lles facilitarán. A iniciativa é posible que se traslade a outros equipos ( Basket Coruña, Liceo, Deportivo feminino…).

Para narrar os partidos pensamos en alumnos ou ex alumnos recentemente egresados da facultade. Recibirían formación para narrar partidos a través da radio en xeral por parte de profesionais radiofónicos, e especializada para narración a cegos a cargo da ONCE.

Os interesados deben poñerse en contacto co profesor José Videla:
videla@udc.es

Páxinas