Outras noticias...

IV Máster Com. Deportiva

Domingo, Outubro 11, 2020

 

Debido á situación actual derivada da pandemia, ampliamos o programa de bolsas para esta edición do Máster en Comunicación Deportiva.

Prepara o teu futuro laboral da man dos mellores profesionais, e accede á nosa bolsa de prácticas. Metodoloxía práctica.

Por maior información: VI MÁSTER EN COMUNICACIÓN DEPORTIVA

Mulleres e videoxogos

Venres, Setembro 25, 2020

 

á segunda edición das xornadas internacionais "Mulleres detrás dos videoxogos", que este ano se celebrarán de forma virtual entre os vindeiros 2 e o 9 de outubro.

Este evento, organizado por profesorado da Facultade, en colaboración con Women in Games WIGJ, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas CEXEF e o Campus Innova, conta con financiación do Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.

Estamos pechando un programa que combina relatorios e faladoiros en directo, abertos á participación do público, con outro tipo de contidos en vídeo e unha exposición virtual sobre pioneiras dos videoxogos.

Na xornada inaugural (venres 2) contaremos con Cecilia Castaño, Catedrática de Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid, experta en Xénero e tecnoloxía, e con Jane McGonigal, deseñadora de Videoxogos e escritora.

Esperamos contar coa vosa presenza.

TFG Temática Gallega.

Xoves, Setembro 24, 2020

 

Premio destinado a todo o alumnado de TFG da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC que presentase o seu traballo nalgunha das tres convocatorias do curso 2019-20.

As pezas deberán estar gravadas en lingua galega que deberá ter plena visibilidade e corrección. É imprescindible o seu carácter inédito. O premio é único e terá unha contía de 250 euros.

A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 16 de outubro de 2020.

Master Com. Deportiva

Mércores, Maio 13, 2020

 

Especialízate e marca a diferencia!!!!

Eres estudante do derradeiro ano ou xa remataches os teus estudios?

VI MÁSTER EN COMUNICACIÓN DEPORTIVA

Título Propio UDC

Prepara o teu futuro laboral da man dos mellores profesionais, e accede a nosa oferta de prácticas.

Infórmate sobre o noso programa de bolsas de ata o 100%.

Metodoloxía práctica.

Perfil alumnos: Periodismo, Comunicación Audiovisual, Ciencias do Deporte e a Educación Física, Empresariais, ADE, Publicidade, Turismo…

Iniciativa Olloboi

Luns, Marzo 9, 2020

 

Participa en Cómplices+, unha iniciativa de Olloboi que busca incluír a estudantes universitarios en cinema de guerrilla xunto con estudantes de instituto e artistas de referencia do audiovisual galego.

Máis información no documento anexo.

AnexoTamaño
PDF icon olloboi_complices_.pdf59.22 KB

Páxinas