Outras noticias...

Mulleres e Videoxogos

Luns, Setembro 27, 2021

 

A Facultade de Ciencias da Comunicación organizar unha nova edición do Seminario Internacional de Mulleres e Videoxogos, a ambos lados da pantalla, en colaboración con Women in Games (WIGJ), o CEXEF, a Asociación Española de Videojuegos | AEVI, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, o Campus Innova e o Instituto de las Mujeres.

Nesta ocasión acabamos de pechar un programa que integra diversas actividades -virtuais e presenciais- dende enfoques tan diversos como a situación da industria dos videoxogos, o deseño de son, a comunicación especializada en videoxogos ou o papel das xogadoras.

Ademáis celebraranse dous obradoiros de Deseño e Arte de Videoxogos, de forma presencial, na Facultade de Ciencias da Comunicación (inscripción aquí https://bit.ly/3AJGKx2 )

A inauguración do Seminario será o vindeiro mércores, 29 de setembro, cos relatorios de Elena Beltrán, Coordinadora de Comunicación da Asociación Española de Videoxogos-AEVI, e Anne-Sophie Mongeau. Deseñadora de son senior en Hazelight Studios.

Máis información https://mujeresvideojuegos.udc.es/

Novo libro

Martes, Setembro 14, 2021

 

Vén de publicarse o libro “Los estudios de audiencia. De la tradición a la innovación” coordinado polas profesoras Natalia Quintas Froufe e Ana González Neira

A obra, publicado en Editorial Gedisa, recolle diversas aproximacións ás realidades e retos actuais dos estudos de audiencias, da man de expertos e expertas na materia.

Catedra universitaria

Martes, Xullo 27, 2021

 

A compañía de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Universidade da Coruña poñerán en marcha unha cátedra universitaria de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa dirixida á formación, investigación, divulgación e transferencia de coñecementos.

A profesora Carmen Costa asume a dirección desta cátedra, orientada a unha comunicación nas organizacións comprometida e con conciencia, que axude á sociedade en dúas liñas fundamentais: a comunicación para a saúde e a comunicación a favor do coidado da contorna.

Máis información: Cátedra universitaria de Compromiso Social, Comunicación y Reputación Corporativa

Ciclo SON [elas]

Xoves, Marzo 18, 2021

 

O vindeiro luns, 22 de marzo, ás 18:00h, inauguramos o ciclo de conferencias "SON [elas] Creatividade e produción de contidos sonoros".
O ciclo, organizado pola Facultade entre os meses de marzo e outubro, contará con diversas relatoras, especialistas e profesionais en diversos eidos da creación sonora.

As primeiras conferencias son
22 Marzo. “Unha produtora propia” para dar forma á voz da túa imaxinación. Mona León Siminiani [La Sonora Podcast]
26 Abril. "Creatividade vocal". Emma Rodero Antón [Media Psychology Lab, Universitat Pompeu Fabra]
3 Maio. “Escoita e verás”. Deseño sonoro para a inmersión e xeración de imaxes mentais. Mayca Aguilera. [Radio Nacional]

Esperámosvos o luns 22, ás 18:00h. aquí: https://bit.ly/2Qi41DV

Entrega de equipos

Martes, Decembro 15, 2020

 

Esta mañá tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación, a entrega de 30 equipos informáticos á Asociación ASDEGAL (Asociación Solidaria de Galicia), coa que a Oficina de Cooperación e Voluntariado iniciou hai uns meses unha relación de colaboración.

A entrega ten lugar grazas ao compromiso da Facultade, que sumouse a esta iniciativa solidaria. Ao acto asistiron o decano Luis Hernández, a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación Pilar García de la Torre, e a delegada en Coruña de ASDEGA, Teresa Berbel.

Os equipos irán a parar a familias en situación de vulnerabilidade que teñen fillos e fillas en idade escolar, para que poidan seguir as súas clases de forma telemática nestes tempos de pandemia.

Resolución Premio TFG

Xoves, Outubro 29, 2020

 

O tribunal de selección, reunido o 28 de outubro de 2020 e formado polas seguintes persoas:

a. Sandra Martínez Costa, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación
b. Rocío Mihura López, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación
c. Marisol Ríos Noya, técnica do Servizo de Normalización Lingüística da UDC

Decide, por unanimidade, conceder o premio ex aequo aos TFG titulados:

- “Melgas”
- “Nume”

PARABENS!

Páxinas