Xornada de divulgación social

Mércores, Novembro 24, 2021

 

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa, dirixida pola profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación, Carmen Costa Sánchez, organiza a I Xornada de Divulgación Social Comunicar [é] saúde. Comunicación para a saúde na sociedade-rede.

A presente Xornada, que será online e gratuita e terá lugar o 2 de decembro, reúne a académicos e profesionais para explicar e debatir, por unha parte, qué se está investigando en España no marco da comunicación para a saúde, e por outra, cómo trasladar información e consellos de saúde aos cidadáns nun contexto de multiplicidade de medios e plataformas.

Esta é a primeira xornada que se organiza na Universidade da Coruña sobre esta temática.

O resultado é un programa de primeiro nivel que esperamos resulte do voso interese. Inscríbete gratuitamente aquí: https://www.fundacion.udc.es/inscripcion.asp?id=1335

Asiste ao noso evento en directo: https://bit.ly/3BXdYZF