Seminario de Cine

Xoves, Setembro 19, 2019

 

O Seminario de Cinema da Facultade de Ciencias da Comunicación inicia o xoves 19 de setembro ás 16:00 hs as súas actividades. Proxectarase na aula 3 a película "Canino", do director grego Giorgos Lanthimos.

Haberá unha breve introdución a cargo dun dos membros do seminario e, ao final da película, unha charla/coloquio sobre a mesma.

Esta actividade está aberta a todos os membros da facultade.