Proxecto Escoita

Mércores, Outubro 9, 2019

 

A Facultade está a colaborar co proxecto Escoita xunto co Concello da Coruña, o Deportivo, a ONCE e a Asociación da Prensa. O proxecto consiste na transmisión radiofónica dos partidos que o Deportivo xogue en Riazor a persoas invidentes que estarán no propio estadio e recibirían o sinal nuns receptores que se lles facilitarán. A iniciativa é posible que se traslade a outros equipos ( Basket Coruña, Liceo, Deportivo feminino…).

Para narrar os partidos pensamos en alumnos ou ex alumnos recentemente egresados da facultade. Recibirían formación para narrar partidos a través da radio en xeral por parte de profesionais radiofónicos, e especializada para narración a cegos a cargo da ONCE.

Os interesados deben poñerse en contacto co profesor José Videla:
videla@udc.es