Premios Xenialerrimos

Mércores, Abril 10, 2019

 

Accede ás bases da I Convocatoria dos Premios Mirian Vázquez/ Xenialerrimos ao desenvolvemento en "Experiencias de vida” co fin de galardoar aqueles proxectos que, polas súas características, metodoloxía, ámbito de actuación e resultados, supoñan unha achega de: visións beneficiosas para o desenvolvemento e a contribución ao benestar e calidade de vida dos pacientes con cancro e a súa contorna familiar.

Trátase dun premio co nome da estudante deste centro que nos deixou recentemente debido ao cancro.

Dotación: 3 premios, un por categoria:

• RELATOS; 200€ e imaxe de premio Xenialerrimo
• AUDIOVISUAL; 200€ e imaxe de premio Xenialerrimo
• FOTOGRAFIA; 200€ e imaxe de premio Xenialerrimo

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: 15 de setembro de 2019

Por maior información ver o documento anexo.