Entrega de equipos

Martes, Decembro 15, 2020

 

Esta mañá tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación, a entrega de 30 equipos informáticos á Asociación ASDEGAL (Asociación Solidaria de Galicia), coa que a Oficina de Cooperación e Voluntariado iniciou hai uns meses unha relación de colaboración.

A entrega ten lugar grazas ao compromiso da Facultade, que sumouse a esta iniciativa solidaria. Ao acto asistiron o decano Luis Hernández, a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación Pilar García de la Torre, e a delegada en Coruña de ASDEGA, Teresa Berbel.

Os equipos irán a parar a familias en situación de vulnerabilidade que teñen fillos e fillas en idade escolar, para que poidan seguir as súas clases de forma telemática nestes tempos de pandemia.