O Sistema de Garantía Interna de Calidade ( SGIC) da Facultade de Ciencias da Comunicación busca garantir a calidade do centro e das titulacións que aquí se imparten.
O noso SGIC foi realizado conforme ás directrices do Programa FIDES-AUDIT da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), e de acordo cos Criterios e Directrices de Garantía de Calidade do EEES.
A Comisión de Garantía de Calidade da Facultade de Ciencias da Comunicación ten como obxectivo principal garantir a calidade de todas as titulacións impartidas no Centro. Na mesma atópanse representados todos os colectivos da Comunidade Universitaria: estudantes, profesorado, persoal de administración e servizos.
Entre as súas funcións atópanse:
- • Realizar o seguimento e avaliación do Sistema de Garantía Interna de Calidade de cada unha das titulacións.
• Establecer e fixar a política de calidade das distintas titulacións de acordo coa política de calidade do Centro e coa política de calidade da UDC.
• Coordinar a formulación dos obxectivos anuais do Centro; e realizar o seguimento e avaliación dos obxectivos de calidade propostos.
• Recoller a información indicadores e evidencias sobre o desenvolvemento do programa formativo das titulacións (obxectivos, adquisición de competencias, resultados de aprendizaxe).
• Realizar propostas de revisión e mellora das titulacións e determinar o seu grao de cumprimento.
• Promover e difundir a Política de Calidade entre todos os grupos de interese.
• Desenvolver o Autoinforme de Seguimento anual de cada titulación.
• Coordinar e distribuír a información pública do Sistema de Calidade do centro, de maneira que sexa accesible a toda a comunidade universitaria pertencente a el.